Páginas

2018/04/27

CONCURSO DE RECOLHA DE IMAGENS DO PATRIMÓNIO CULTURAL IMATERIAL GALEGO-PORTUGUÊS

Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués


O Patrimonio Cultural Inmaterial está constituído, segundo a UNESCO, "polas tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativas á natureza e ao universo e os saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional”. Dende principios do século XX, este conxunto de expresións, herdadas do pasado e transmitidas de forma oral, atoparon na fotografía un valioso rexistro documental e moitas foron as imaxes que se tomaron das expresións culturais espalladas ao longo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! leva moitos anos defendendo a recuperación e transmisión do Patrimonio Cultural Inmaterial común en Galicia e no Norte de Portugal. Unha forma de divulgalo é incorporalo ás programacións educativas e presentarllo ás escolas como material que poida ser utilizado na súa dinámica de traballo.

É por este motivo polo que, CONVOCA o CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS


Para calquera aclaración respecto a este certame poden dirixirse a: ondas@pontenasondas.org

Com o apoio do Blogue Pedrinhas & Cedovém

Sem comentários:

Enviar um comentário

AGRADECEMOS O SEU COMENTÁRIO, NO INTUITO DE DAR MAIS VOZ A DOIS LUGARES, QUE PRECISAM DE SEREM CONHECIDOS, PARA QUE POSSAM SER ACARINHADOS E PROTEGIDOS.